Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-122478-3-1

Formato 26x20 cm

88 páxinas

Encadernación Tapa dura

Impresión Cor

Idioma Español

Prezo 30.00 €

Verano en A Toxa

Guión de Mercedes Corbilón | Debuxos de Maru Godás

A colección Illadas presenta, en coidada edición, o patrimonio insular galego a través da visión de dúas artistas. Viviremos cada illa da man dun escritor ou escritora e unha ilustradora ou ilustrador, quen, durante unha tempada, escoitáronas, mergulláronse nelas, para logo mostrarnos, con textos e imáxes, a súa experiencia. Queremos que o lector goce, que soñe e viaxe a través destas páxinas, que se deleite coas nosas illas, aínda hoxe tan descoñecidas.
Nesta ocasión, a libreira e escritora Mercedes Corbillón (Pontevedra) e a ilustradora e debuxante urbana Maru Godás (Barcelona), levaron o seu talento á illa da Toxa para empaparse do seu encanto e envorcalo neste libro de viaxes. Corbillón —cunha mirada reflexiva, e á vez irónica e melancólica— narra os momentos vividos nese retiro de luxo e glamour, fálanos do pasado e presente da illa, pero tamén da vida. Mentres, Godás goza da Toxa en diferentes épocas do ano, e reflexa esa pegada nunha serie de ilustracións de trazo forte e expresivo, cun espléndido dominio da luz e a cor, e nas que se confirma o seu maxisterio como paisajista. Dúas viaxes, dúas visións, que se complementan neste libro para achegarnos a unha contorna, aínda que moi coñecido a nivel popular, quizá máis descoñecido do que parece a primeira ollada.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com