Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-947348-9-2

Formato 24x17 cm

80 páxinas

Encadernación Cartoné

Impresión Cor

Idioma Galego

Prezo 25.00 €

Valdeorras

Guión e debuxos de Miguelanxo Prado

 

«É setembro. Suponse que o outono comezou hai un par de días, pero o ceo ten aínda a luminosidade do verán tardío e vai calor. Imos percorrer esta comarca de longa historia seguindo os carreiros da súa especial relación co viño, descubrindo as súas cambiantes paisaxes, vilas e recantos, do fondo do val aos cumios penedosos. É tempo de vendima en Valdeorras».

Con estas palabras, o recoñecido e multigalardoado debuxante Miguelanxo Prado, comeza unha viaxe pola comarca ourensá para descubrir a súa historia, a paisaxe e o mundo do viño, e logo plasmalo con palabras e imaxes. O relato deste periplo preséntase nunha coidada edición dentro de InCógnita —selo artellado por El Patito Editorial para darlles forma aos proxectos persoais de Miguelanxo Prado e da escritora Uxía Meirama—, nun libro que é unha nova incursión do ilustrador  no caderno de viaxe, xénero no que xa ten feito outras achegas con volumes dedicados a Lisboa ou Belo Horizonte.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com