Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-947348-6-1

Formato 17x24 cm

168 páxinas

Encadernación cartoné

Impresión cor

Idioma galego | tamén dispoñible en galego

Prezo 22.00 €

A través do espello e o que Alicia alí encontrou

Guión de Lewis Carroll. Tradución Xavier Queipo | Debuxos de Fausto

Co gallo do 120 cabodano do pasamento de Lewis Carroll—nome polo que se coñece universalmente ao diácono e matemático Charles Lutwidge Dodgson— presentamos osegundo volume das aventuras de Alicia, con esta edición que recolle as súas andanzas pola Casa do Espello, e co mesmo equipo: postas en galego polo recoñecido autor e tradutor Xavier Queipo, e iluminadas coas colaxes de Fausto Isorna.
Esta segunda parte das aventuras de Alicia é considerada polos estudosos de Carroll como a culminación dos recursos postos en xogo en Alicia no País das Marabillas (El Patito Editorial, 2015), e contén algunhas das súas pasaxes máis populares: o encontro con Ovo Redondo —Humpty Dumpty—, o xardín das flores que falan ou o celebérrimo poema absurdo Galimatán —Jabberwocky—. Con este volume péchase esta posta ao día dunha obra fundamental que abriu novos horizontes á literatura e expandiu a súa influencia a outras disciplinas artísticas, non só de forma directa —convertendo a Alicia e a moitas das protagonistas dos libros en personaxes recoñecidas universalmente—, senón tamén servindo de inspiración e abrindo portas a novas maneiras de entender a creación forzando os límites da materia artística.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com