Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-937256-1-7

Formato 21 x 29,5 cm

96 páxinas

Encadernación rústica con lapelas

Impresión cor

Idioma español

Prezo 20.00 €

Peter Petrake, de los años 70 al siglo XXI

Guión e debuxos de Miguel Calatayud

Prólogo de Pedro Porcel | Epílogo de Miguel Calatayud

Volume que recupera a totalidade das aventuras do axente secreto Peter Petrake, publicadas a primeiros da década dos setenta por Miguel Calatayud (Aspe, Alacant, 1942) na revista Trinca, desde “Las máquinas del doctor Destruction” até o álbum inconcluso “Pop Carrusel”, restituíndo fielmente a súa cor e montaxe orixinais. As tramas, achegadas aos códigos da ciencia ficción, combinan enxeño, humor e fantasía e dan entrada a unha ampla galería de personaxes e elementos, coma tal científicos tolos, robots asasinos, malvados antagonistas e tecnoloxías abraiantes.
Salienta o vibrante traballo coa cor e coas perspectivas e as orixinais solucións gráficas, así como a introdución de códigos da arte pop e da psicodelia, que supuxeron unha grande innovación no momento da creación destas páxinas. O álbum inclúe ademais un prólogo do crítico e historiador da banda deseñada Pedro Porcel, e un epílogo do autor, galardoado en 2009 co Premio Nacional de Ilustración, no que se propoñen varios finais a “Pop Carrusel”.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com