Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

Quen somos

En outubro de 2007 nace El Patito Editorial coa publicación do catálogo da exposición "Golfiño en portada". Desde un principio, os obxectivos foron claros para nós:

  • publicar obras de debuxantes galegos, en galego e castelán;
  • recuperar obras clásicas da historieta galega; 
  • publicar obras de especial interese de autores españois e estranxeiros.

A nosa aposta xeral é polos libros de calidade que se afastan das modas pasaxeiras e entenden a historieta como un xénero máis da literatura. Cada obra é, para El Patito Editorial, un problema a estudar para lograr a edición perfecta que se adapte a cada unha das súas páxinas. O formato é unha das nosas preocupacións, porque cremos que unha obra de calidade pode perder atractivo por unha edición mal coidada.

Equipo

O equipo que formamos El Patito Editorial somos:

Editora: Gemma Sesar, historiadora do arte e fan incondicional do cómic.
Director Artístico
: Fausto Isorna, deseñador gráfico e debuxante de historieta cunha carreira de máis de vinte anos en activo.

Carrera del Conde, 6 - 3º izquierda
15701 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com