Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-612-3397-7

Formato 28 x 21 cm

48 páxinas

Encadernación rústica con lapelas

Impresión branco e negro

Idioma galego | tamén dispoñible en español

Prezo 12.00 €

Os Compañeiros. A Orde da Pedra

Guión de Tino F. Maceiras | Debuxos de Miguelanxo Prado

Prólogo de Fausto Isorna

Volume que inaugurou a colección dedicada pola editorial aos clásicos da historieta galega coa recuperación das tiras guionizadas por Tino Fernández Maceiras e debuxadas por Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958), o primeiro traballo comercial deste coñecido debuxante que viu a luz en La Voz de Galicia entre 1980 e 1981. Recóllese a colección completa das tiras publicadas, máis as que ficaran inéditas, até un total de 73, que retratan con humor a vida e a visión do mundo duns personaxes do Neolítico galego. Brandán, Neldiña, Xacio, Peifoco e o ancián Vedraio representan diferentes xeitos de ver a realidade e o seu esforzo en darlles forma e poñerlles o nome ás cousas, o cal se contrapón coa visión, moitas veces máis racional e lóxica, de Lupo e Menuto, os dous cans. Traballo primeiro no que xa se adiviña a mestría do hoxe en día consagrado autor Miguelanxo Prado.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com