Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-936632-4-7

Formato 17 x 24 cm

80 páxinas

Encadernación rústica con lapelas

Impresión branco e negro

Idioma galego

Prezo 12.00 €

O Máxico Arrecendo e outras historias

Guión e debuxos de Fran Bueno

Prólogo de Ángel Manuel Benavente | Introdución de Fausto Isorna

Recompilatorio de varias obras de Fran Bueno (Santiago de Compostela, 1967) que cumpre os obxectivos marcados pola colección na que se integra. O volume inclúe a reedición de "O Máxico Arrecendo" (1992), unha historia ambientada na Prehistoria de Galicia, e unha completa colección dos seus primeiros traballos en branco e negro, que proban a diversidade do estilo e mais a evolución deste debuxante antes de se converter en profesional.
Estes traballos primeirizos foron dados a coñecer en revistas e fanzines como Totem, Frente Comixario e Paté de Marrano e galardoados con diferentes premios. A edición recolle tamén os inéditos “Romeo” (1994) e “Ramón e Rosario”, primeiro premio no X Concurso Galego de Cómics Xuventude (1994). Os traballos van precedidos de senllos textos de presentación de Ángel Manuel Benavente e Fausto Isorna.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com