Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-612-0466-3

Formato 23 x 32 cm

54 páxinas

Encadernación rústica con lapelas

Impresión cor

Idioma galego

Prezo 12.00 €

O Castelo Regadeira

Guión e debuxos de Norberto

Escolma de páxinas pertencentes á serie “O castelo Regadeira” que o debuxante Norberto Fernández (Vigo, 1967) realizou para a desaparecida revista de cómic Golfiño e coa que acadou grande éxito entre os lectores. O álbum ofrece unha ampla selección das súas páxinas, dá boa conta do universo fantástico no que se desenvolvía a serie e permite achegarse a boa parte dos seus numerosos personaxes, entre eles, Xiana, a fermosa e sexy protagonista, e aos seus amigos Toxo e Tuxo, Gorxón, o Lobisneno ou Kuldina. A selección permite albiscar o desenvolvemento narrativo da historia e mais o seu imaxinario, ateigado de matices, temáticas e acenos cómplices que afondan na dobre lectura, así como a calidade do debuxo, dinámico, realista e cargado de detalles.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com