Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-938832-6-3

Formato 17 x 24 cm

100 páxinas

Encadernación cartoné

Impresión cor

Idioma español

Prezo 18.00 €

La Flor. A Mi Madre

Guión de Rosalía de Castro | Debuxos de Fausto

Con este volume, El Patito Editorial bota a andar unha novidosa colección que ten como finalidade engalanar as creacións dunha figura tan universal como Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837-Padrón, 1885) coas ilustracións realizadas ex profeso por artistas senlleiros. Nesta primeira entrega da serie, os versos de La flor e A mi madre, que supuxeron os comezos da traxectoria literaria de Rosalía, dialogan coas suxestivas imaxes de Fausto Isorna (Catoira, 1961), quen de conectar co particular mundo poético, intimista e transcendental polo que transita a padronesa nestas súas obras. O proxecto que comeza El Patito Editorial pretende dar un paso adiante na tarefa de engrandecer a obra de Rosalía de Castro, vestíndoa con roupaxes de gala a través duns libros editados con esmero cos que gozar dunha obra intemporal que adquiere aínda novos sentidos na compaña de abraiantes imaxes. 
 

 
 

 

 

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com