ISBN 978-84-938832-5-6
Formato 23,5 x 32 cm
64 páxinas
Impresión cor
Idioma galego | tamén dispoñible en español
Prezo 13.00 €
Guión e debuxos de Miroslav Sasek
Sasek debuxa a fabulosa e vital cidade de Nova York neste volume da colección Isto é…, publicado por vez primeira en 1960, recibiu o galardón de Mellor Libro Ilustrado do Ano para Nenos, outorgado por The New York Times. O holandés que lles mercou a illa de Manhattan aos nativos en 1626 con mercadorías por valor de vinte e catro dólares estaba lonxe de saber que esta ía a ser a ganga máis grande da historia de América. Mais todo o que atinxe a NY é grande: os edificios, os atoamentos de tráfico, os coches, as lendas, os periódicos dominicais…