Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-949050-2-5

Formato 17x21 cm

136 páxinas

Encadernación Cartoné

Impresión Cor

Idioma Galego

Prezo 25.00 €

Guía Ilustrada do Camiño de Santiago

Guión e debuxos de Joaquín González Dorao

 

O ilustrador Joaquín González Dorao (Cádiz, 1962) —un vello coñecido na nosa editorial, na que xa publicou títulos como a Guía Ilustrada da Catedral de Santiago, a Guía Ilustrada das Igrexas de Santiago ou a Guía Ilustrada da Praza de Santiago— percorre agora o Camiño de Santiago equipado con lapis e acuarelas para ofrecernos un caderno que é unha completa guía para o viaxeiro. Coma calquera outro peregrino, o gaditano realiza cada etapa nunha xeira, pero cunha dificultade engadida: o reto de debuxar todo aquilo que vive e ve. Pouco e pouco, páxina a páxina, o lector poderá visualizar a experiencia do Camiño a través de debuxos e textos, compartir o día a día con outros e outras camiñantes, coñecer a arte de cada lugar, experimentar a natureza como unha constante, os momentos de soidade, as paradas para o descanso, a dor física, o obxectivo diario de ir deixando quilómetros atrás..., e así ata chegar á ansiada Compostela.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com