ISBN 978-84-942206-2-3
Formato 21 x 26 cm
84 páxinas
Encadernación cartoné
Impresión cor
Idioma español | tamén dispoñible en galego
Prezo 25.00 €
Guión de Marta González Vázquez | Debuxos de Joaquín González Dorao
A Guía Ilustrada da Catedral de Santiago é un traballo minucioso e exhaustivo no que se quixo mostrar este monumento a través da súa historia e da súa arte. Para iso contamos con Joaquín González Dorao, ilustrador gaditano cunha longa traxectoria nas mellores editoriais de viaxes como Lonely Planet ou a turca Boyut; e a medievalista galega Marta González, que escribiu numerosos estudos e libros sobre a peregrinación a Santiago. Os argumentos de ambos os dous autores fusiónasenesta guía de forma natural, ofrecendo ao público, unha visión actual da Catedral e o seu ámbito, nunha coidada edición de oitenta e catro páxinas, a toda cor e tapadura, que se publica agora en castelán e galego, e que se ampliará en breve ao inglés e xaponés. Un libro necesario para os visitantes e imprescindible para todosaqueles que queiran coñecer mellor o primeiro monumento de Galicia.