Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-611-7633-5

Formato 21 x 29,5 cm

48 páxinas

Encadernación Tapa dura con lombo de tea

Impresión cor

Idioma Edición bilingüe en galego e castelán

Prezo 15.00 €

Golfiño en Portada

Guión e debuxos de Fausto

Prólogo de Fausto

Volume que serviu de presentación de El Patito Editorial e que reúne unha escolma das portadas que Fausto Isorna (Catoira, 1961) realizou para a revista Golfiño ao longo da súa segunda etapa, en edición semanal a cargo de La Voz de Galicia.
Na presentación, o autor resume a traxectoria da revista e lembra como naceu o personaxe que lle deu nome e que se converteu nunha figura emblemática, e como se encargou da realización de setenta e cinco das oitenta e nove cubertas nos seus dous anos de vida. As portadas preséntanse tal e como apareceron impresas e con cadanseu boceto, previo ao proceso de cor. Ademais van acompañadas de comentarios de Fausto sobre as súas preferencias, fontes, homenaxes explícitas e implícitas, etc.
Recórrese en todos os casos ao gag protagonizado por Golfiño, só ou acompañado doutros personaxes habituais da revista, dando conta, en conxunto, dun universo de referencias, gustos e influencias do autor.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com