Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-942206-3-0

Formato 17 x 24 cm

64 páxinas

Encadernación rústica con lapelas

Impresión cor

Idioma galego/español/inglés

Prezo 12.00 €

Fausto Colaxes 1993/2014

Guión e debuxos de Fausto Isorna

Prólogo de Manolo Figueiras

Para Tristan Tzara a colaxe, “baixo múltiples aspectos diferentes, marca na evolución da pintura o momento máis poético, o máis revolucionario, dándolle saída cara a hipóteses máis viables, unha maior intimidade coas verdades cotiás, a afirmación irrefutable do provisional e das materias temporais e perecedoiras, a soberanía do pensamento.”
Cunha bagaxe fonda coma un mar no que se mesturasen as augas da infancia, da memoria persoal, da historia, da música, da alta e da baixa cultura e de todo canto puidésemos dicir ou pensar, Fausto pescuda nun repertorio heteroxéneo no que tan ben poden estar as ambiguas imaxes dos gravados vitorianos, a elegancia renacentista das figuras do Bronzino, a glamurosa iconografía publicitaria e todo o mundo de iconas procedentes do universo dos medios de comunicación. Neste magma insondable, tenta Fausto introducir a súa ordenación entrópica, igual que o caos primixenio se foi ordenando en virtude das grandes cosmogonías fundacionais.

 

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com