Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-936632-3-0

Formato 17 x 24 cm

120 páxinas

Encadernación rústica con lapelas

Impresión branco e negro

Idioma español

Prezo 0.00 €

Estampas Malignas

Guión e debuxos de Alfons Figueras

Volume que recupera as viñetas que Alfons Figueras (Vilanova i la Geltrú, 1922-2009) publicou en Dossier Negro na década dos setenta, unha nova mostra do seu vizoso rexistro terrorífico mesturado con pinceladas dese bo humor que provoca o riso, máis tamén inquietude, tenrura ou, por veces, unha luzada poética, verquida aquí a través da utilización dunha ollada que abeira a escatoloxía e mais a retranca sobre pantasmas, monstros e mitos do terror, hospitais, suicidas ou sobre a morte. Malia presentarse en imaxes unitarias e mudas a páxina completa que desenvolven unha escena cómica, o lector pode descodificar a secuencia narrativa que agochan, ateigada de intertextualidades cinematográficas e coa cultura popular, ademais de gozar coa expresividade das figuras e a experimentación do autor con tramas, encadres e acabados. Unha obra mestra do humor negro.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com