Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-122478-1-7

Formato 17 x 21 cm

72 páxinas

Encadernación Cartoné

Impresión Cor

Idioma Galego

Prezo 25.00 €

Dous Camiños. Kumano/ Santiago

Guión e debuxos de Catalina Rodríguez Villazón

Prólogo de Susana López Abella. Secretaria Xeral da Iguladade

Este libro é o cuarto volume da colección Compostela Ilustrada, un proxecto que naceu co ánimo de visibilizar as mulleres ilustradoras, e faino a través dunha acción no marco do camiño de Santiago. Reivindicamos as mulleres artistas e o seu espazo no mundo da cultura recollendo a súa experiencia no Camiño de Santiago nunha exposición, e cun libro que se edita cada ano coincidindo co Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada. Nesta edición, a asturianaCatalina Rodríguez Villazón realizou o Kumano Kodo, no Xapón, e mais o Camiño de Inverno, en Galicia. O resultado foron máis de cen acuarelas das que aquí presentamos unha escolma. Ambos os camiños, irmandados desde 1998, son Patrimonio da Humanidade e están unidos pola natureza, presente a cada paso, e ao mesmo tempo separados por 11.000 quilómetros.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com