ISBN 978-84-122478-0-0
Formato 14,5 x 20,5 cm
64 páxinas
Encadernación Rústica
Impresión Cor
Idioma Galego
Prezo 15.00 €
Guión de Gemma Sesar | Debuxos de Fausto Isorna
As clásicas preguntas de Que? Como? Canto? Por que? Cando? Onde? son difíciles de responder cando estamos diante dos residuos que xeramos cada día. A reciclaxe é unha preocupación da sociedade actual, pero moitas veces a falta de información clara e sinxela fai que teñamos múltiples dúbidas á hora de depositar o lixo. Neste Dicionario ilustrado da Reciclaxe no fogar atoparás 150 entradas nas que se explica de maneira concisa como reciclar correctamente gran número de obxectos de uso común, coa indicación do contedor no que deben depositarse.
Se prestamos un pouco de atención, entre todos podemos mellorar o planeta con xestos moi simples. Un manual tan imprescindible que só preguntámonos como non se fixo antes.