Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-612-4765-3

Formato 30 x 21 cm

90 páxinas

Encadernación tapa dura

Impresión cor

Idioma galego

Prezo 18.00 €

De Profundis

Guión e debuxos de Miguelanxo Prado

Edición en formato libro e en tradución ao galego da historia que Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) escribiu a partir dunha serie de óleos e que serviu de base para a realización do filme de animación do mesmo título. A historia sitúase nunha casa no medio do mar na que viven namorados unha muller que toca o violonchelo e un pintor engaiolado polo universo mariño. O pintor, nunha das súas saídas ao mar canda os pescadores para gozar das súas cerimonias e do silencio e debuxar criaturas reais e imaxinadas, cae vítima dunha terrible maldición namentres a súa amada agarda por el inutilmente. Pecha o volume un “Caderno de bitácora” no que se reproducen oito páxinas de deseños e bocetos previos.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com