Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-122478-4-8

Formato 10,5x15,5 cm

192 páxinas

Encadernación Rústica

Impresión Cor

Idioma Galego (español e inglés)

Prezo 15.00 €

Camiñamos para Parar

Guión e debuxos de Miguelanxo Prado/ Rita Sabler

O 1 de setembro de 2022, no Barco de Valdeorras, o debuxante galego Miguelanxo Prado e a xornalista visual norteamericana Rita Sabler iniciaron a peregrinación polo Camiño de Inverno. Para desta aventura de nove días levaron tan só unhas postais en branco e unha pequena caixa de acuarelas. Igual ca os peregrinos de todas as épocas ambos sufriron os rigores das etapas, pero lograron superalas e converter cada parada nunha imaxe fermosa. Este libro recolle as 64 postais nas que os dous autores recolleron as súas vivencias do Camiño, tanto coa ilustración —reproducidas no tamaño do orixinal— como coa escrita —verquida a tres linguas: galego, español e inglés—, e incluíndo unha escolma de fotografías dunha viaxe intensa e apaixoante.
Un proxecto de Turismo de Galicia, dentro do marco do Xacobeo 21-22, patrocinado polas Bodegas Rectoral de Amandi.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com