Carro da Compra

Ver o seu carriño da compra.

Venta Online Sin Gastos de Envio

ISBN 978-84-938832-8-7

Formato 17 x 24 cm

136 páxinas

Encadernación cartoné

Impresión cor

Idioma galego | tamén dispoñible en galego

Prezo 22.00 €

Aventuras de Alicia no País das Marabillas

Guión de Lewis Carroll | Debuxos de Pablo Otero

Hai 150 anos que saíu do prelo por vez primeira o conto que o diácono e matemático Charles Lutwidge Dodgson inventara para distraer o recreo das irmás Liddell, e que o converteu xa para sempre no escritor Lewis Carroll, seudónimo co que firmou esta obra, unha das máis influintes da literatura universal. Co gallo da efeméride velaquí esta edición, que conta coa versión galega de Xavier Queipo, escritor cunha recoñecida carreira que abrangue narrativa, poesía e ensaio, e que ten acadado numerosos galardóns —entre eles o Premio da Crítica española en 1990, o Xerais no 2011 ou o Arcebispo Juan de San Clemente do ano 2012. No campo da tradución recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional pola súa colaboración na versión galega de Ulysses, de James Joyce. As colaxes que adornan o libro, obra de Fausto Isorna, pretenden fuxir da clásica iconografía de Alicia —asentada na espléndida versión de Tenniel—, e ofrecer unha ollada máis adulta, explorando as vertentes máis surrealistas e psicodélicas do texto.

Carreira do Conde, 6 - 3º esquerda
15705 Santiago de Compostela
981 552 130
info@elpatitoeditorial.com