ISBN 978-84-949050-8-7
Formato 21x29 cm
60 páxinas
Encadernación rústica con lapelas
Impresión cor
Idioma galego
Prezo 12.00 €
Guión e debuxos de Fermín Solís
Patacator é un tipo malo de dixerir, pero para iso están os nosos amigos: para pelar as patacas bravas e poñelas a cocer! No seu periplo sideral, os nosos heroes vanse atopar de novo cun iracundo Patacator metido a autor de best-sellers. Na súa fuxida coñecerán a un novo personaxe que os levará a participar na carreira de naves espaciais máis tola de todas.
Unha acirolante aventura coa que continúa a publicación en galego desta exitosa serie infantil de Fermín Solís —autor xa coñecido polos nosos lectores, adultos e cativos—, publicada agora nunha edición extraordinaria para coleccionistas, cun novo deseño e incluíndo materiais inéditos, debuxos para colorear e unha cuberta realizada especialmente para esta versión en galego.