ISBN 978-84-945512-3-9
Formato 21x30cm
60 páxinas
Encadernación cartoné
Impresión cor
Idioma galego | tamén dispoñible en español
Prezo 20.00 €
Guión e debuxos de Fermín Solís
O recoñecido ilustrador Fermín Solís visitou Santiago de Compostela paradarnos a súa particular visión da cidade, dos seus espazos máis singulares, dos seus habitantes e dos seus eventos. Afastado da habitual imaxe centrada no seu compoñente relixioso, Solís retrata unha Compostela diferente pero á vez próxima —a que pode atoparse calquera visitante ocasional paseando as súas rúas—, e todo iso cun grande sentido do humor e uns espléndidos debuxos, nunha declarada homenaxe ao gran mestre dos libros de viaxe, MiroslavSasek.