ISBN 978-8-947348-8-5
Formato 21x30 cm
56 páxinas
Encadernación Cartoné
Impresión Cor
Idioma Galego | tamén dispoñible en español
Prezo 20.00 €
Guión e debuxos de Fermín Solís
Desde El Patito Editorial quixemos homenaxear a un dos nosos artistas predilectos, o checo Miroslav Sasek (Praga, 1916-Wettingen, 1980), e á súa serie de libros de viaxe Isto é... Para o que escollemos a un dos seus herdeiros, Fermín Solís (Madroñera, 1972) e xuntos puxemos en marcha a colección Asi é... cun volume adicado a Santiago de Compostela (Así é Santiago, El Patito Editorial, 2017).Nesta ocasión, o noso debuxante viaxeiro achégase a Pontevedra para retratala coa inocencia do recén chegado: paseando polas rúas, visitando os museos, admirando os monumentos, probando unha tapa ou bebendo un viño como un visitante máis que vai descubrindo unha cidade descoñecida. O resultado non é un libro erudito nin unha guía de viaxe, é un caderno onde se retrata a cidade con frescura e humor, atopando detalles inesperados, resaltando aquilo que lle chama atención, afondando nas cousas que lle parecen curiosas... Un libro que fará sorrir aos pontevedreses e que servirá para redescubrir unha cidade senlleira.